1. Inscricións, Dorsais e Requisitos

Onde e cando se recollen os dorsais e a bolsa do corredor? +

Entregaranse o xoves 29 e venres 30 de abril de 11:00 a 13:30 h e de 17:00 a 20:30 h no Centro Comercial As Cancelas, e o sábado 1 de maio na Feira do Corredor de 10:30 a 14:00 h e de 16:00 a 20:30 h. Debe presentarse documento oficial de identidade e a confirmación de inscrición enviada por correo. Non se entregarán dorsais o día da proba.

Pode outra persoa recoller o meu dorsal? +

Si. A persoa autorizada deberá presentar no momento da recollida o Anexo I do regulamento debidamente cumprimentado e asinado, xunto coa confirmación de inscrición correspondente e o seu propio DNI.

Cal é a idade mínima para participar? +

A participación na Media Maratón está permitida a deportistas que teñan 18 anos cumpridos o día 31 de decembro de 2026. Non poden participar menores de idade, carriños nin dispositivos de transporte asistido (para menores celébrase a I Mini Media o sábado 1 de maio no Parque da Alameda).

Cales son os prazos e prezos de inscrición? Hai cambios ou devolucións? +

O prazo ordinario está aberto ata o 18/04/2027 (tramos de 19 €, 25 €, 29 €, 35 € e 40 €; +3 € sen licenza nacional RFEA). Pódese solicitar cambio de titularidade antes do 15/04/2027 ás 23:59 h aboando 5 € de gastos de xestión. Non hai devolucións, salvo lesión ou enfermidade acreditada con informe médico antes do 15/04/2027 (posible reserva para a seguinte edición).

Necesito licenza federativa para participar? +

Non é obrigatorio. Quen non dispoña de licenza federativa nacional válida pola RFEA deberá aboar o suplemento correspondente á licenza de día (3 € a maiores), tramitada para garantir a cobertura aseguradora obrigatoria. As licenzas serán comprobadas pola Organización; no caso de introducir unha licenza nacional non válida ou que non corresponda ao atleta inscrito, a inscrición será eliminada automaticamente.

2. Carreira, Percorrido e Caixóns

Cal é a distancia, o horario de saída e o tempo máximo? +

A distancia homologada é de 21.097,5 metros, con saída ás 09:30 h na Avenida de Lugo á altura da Rúa dos Concheiros e meta na Praza do Obradoiro. O tempo máximo oficial é de 2 horas e 45 minutos (peche ás 12:15 h), con peches intermedios no km 10 antes de 1:15:00 e no km 15 antes de 1:55:00.

Como se asignan os caixóns de saída? +

Hai 5 caixóns segundo a marca acreditada nunha media maratón: ÉLITE (Branco, criterio técnico), 1 (Vermello, < 1h 25m, marca oficial acreditada entre o 02/05/2025 e o 18/04/2027), 2 (Verde, 1h 25m–1h 35m), 3 (Azul, 1h 35m–1h 45m) e 4 (Amarelo, > 1h 45m). Non se admiten cambios de caixón na recollida de dorsais.

A que hora abren os caixóns e que pasa se chego tarde? +

Os caixóns ábrense ás 09:00 h (presentación da proba ás 09:25 h e saída ás 09:30 h). Cada participante debe acceder ao espazo da cor do seu dorsal e non se permite avanzar a un caixón máis rápido. Os corredores que cheguen tarde serán situados no último caixón ou onde indique a organización.

Como funciona o chip de cronometraxe e o dorsal? +

O dorsal debe colocarse visible no peito sen dobralos nin manipulalos, co chip proporcionado na parte traseira para figurar na clasificación. A inscrición e o dorsal son persoais e intransferibles salvo cambio formal de titularidade dentro do prazo.

A proba é oficial e homologada? +

Si. Trátase dunha carreira urbana sobre asfalto de 21.097,5 metros con circuíto homologado pola RFEA e incluída nos calendarios de competición de World Athletics, RFEA e FGA.

3. Servizos ao Corredor

Como funciona o servizo de gardarroupa? +

Haberá servizo de gardarroupa e aseos nas zonas habilitadas (ata as 13:30 h). As pertenzas deben entregarse debidamente embolsadas e identificadas co número de dorsal, recolléndose co dorsal. Non se aceptan pezas soltas e a organización non se responsabiliza dos obxectos de valor.

Haberá duchas e vestiarios ao rematar? +

Si. Segundo o Artigo 10 do regulamento, os atletas disporán de duchas e vestiarios ao rematar a proba no lugar que se indique pola organización.

Que avituallamentos haberá durante a carreira e na meta? +

Estableceranse avituallamentos líquidos durante o percorrido (aproximadamente nos km 5, 10 e 15) e un avituallamento final na meta con bebidas e alimentos sólidos.

Como funciona a asistencia sanitaria e o servizo de obxectos perdidos? +

Haberá asistencia sanitaria na saída, na meta e en distintos puntos do percorrido; é obrigatorio cubrir o reverso do dorsal cos datos persoais, teléfono de emerxencia e información médica relevante. Tamén haberá servizo de obxectos perdidos operativo ata o peche das instalacións (13:30 h).

4. Premios, Medallas e Clasificacións

Cando se publican as clasificacións e como se reclaman? +

As clasificacións provisionais publicaranse ao finalizar a carreira (previsto ás 12:30 h) e abrirase un prazo para presentar reclamacións por escrito ante a Secretaría Técnica ou o xuíz árbitro (previsto de 12:30 a 13:00 h). Unha vez resoltas, publicaranse na web oficial as clasificacións definitivas.

Entrégase medalla ao finalizar? +

Si. Segundo o Artigo 10, todas as persoas que completen a proba (dentro do tempo máximo oficial de 2 horas e 45 minutos) recibirán unha medalla de finalización.

Cando se entregan os premios e son acumulables? +

A entrega oficial de premios está prevista para as 13:00 h; para recibir un premio esixirase a presenza no acto e os documentos acreditativos (salvo causa xustificada). Todos os premios son acumulables entre si, agás o local e o galego que non se poden acumular (requiren certificado de empadroamento expedido como máximo 1 mes antes).

Volver á Páxina Principal