Tramos e prezos
I Mini Media Santiago de Compostela (Menores)
ℹ️ Na I Mini Media non se farán devolucións das inscricións en ningún caso.
Cambio de Tarifa
Os cambios de tarifa nos tramos aplicaranse segundo a data ou o volume de inscritos:
- Tramo promocional (19 €): os 100 primeiros inscritos.
- 1º, 2º e 3º tramo: ata acadar os 1.000, 2.000 e 2.500 inscritos respectivamente.
O cambio de tarifa producirase cando remate o período correspondente ou cando se acade o volume de inscritos indicado para ese tramo, aplicándose a circunstancia que se produza primeiro. Para formalizar a inscrición será necesario cubrir o formulario cos datos persoais solicitados, indicar unha marca acreditada para a asignación do caixón, aceptar o regulamento e aboar a cota correspondente.
Prazos e Período Extraordinario
O prazo de inscrición estará aberto ata o 18 de abril de 2027. Como norma xeral, non se admitirán inscricións despois do 18 de abril de 2027, durante a Feira do Corredor nin o propio día da carreira. Excepcionalmente, poderá abrirse un período extraordinario entre o 18 e o 25 de abril de 2027, co mesmo prezo do último tramo (40 €). As persoas inscritas durante este período non terán garantidos o dorsal personalizado, a camiseta do evento, a totalidade dos produtos da bolsa do corredor nin a asignación inicial do caixón solicitado. A apertura deste período deberá anunciarse expresamente na páxina web e nas redes sociais do evento.
Licenza Federativa e Seguro de Día
Os prezos establecidos aplicaranse aos atletas que dispoñan da licenza federativa nacional válida pola RFEA na tempada correspondente á celebración do evento e con cobertura suficiente para participar na proba. Os participantes que non dispoñan dunha licenza federativa nacional deberán aboar o suplemento correspondente á licenza de día, que serán 3 € a maiores por atleta.
Este dato (licenza) deberá incluírse obrigatoriamente no formulario de inscrición. As licenzas serán comprobadas pola Organización. No caso de que se detecte que algún atleta introduza unha licenza NACIONAL non válida ou que a licenza non corresponda ao atleta inscrito, a inscrición será eliminada automaticamente.
Cambio de Titularidade e Devolucións
A inscrición será persoal e intransferible, salvo que se solicite formalmente un cambio de titularidade dentro do prazo establecido. Non se farán devolucións das inscricións, salvo en caso dunha lesión ou enfermidade acreditada mediante un informe médico, no que a organización poderá ofrecer a reserva da inscrición para a seguinte edición, sempre que a solicitude se presente antes do 15 de abril de 2027. Poderá realizarse un cambio de titularidade que deberá solicitarse antes do 15 de abril de 2027 ás 23:59 h. O novo titular deberá cumprir os requisitos de participación e cubrir os seus datos persoais, aceptar o regulamento, aboar os gastos de xestión (5 €) e aboar, se procede, o suplemento correspondente á licenza de día. Non se permitirá o intercambio informal de dorsais; participar co dorsal doutra persoa poderá supoñer a descualificación de ambas.