Táboa de Premios en Metálico
1. Categoría Absoluta (Masculina e Feminina)
2. Premios Especiais (Galega, Local, Tramo Xacobeo e Récord)
3. Categoría Equipos, Club e Empresa Máis Numerosos
4. Normativa de Acumulación, Requisitos e Entrega
Acumulación e Acreditación Local/Galego: Todos os premios serán acumulables, á excepción do local e galego que non se poderán acumular entre si. Para acceder aos premios de local e galego, será necesario presentar un certificado de empadroamento expedido como máximo un mes antes da celebración do evento.
Requisito Categoría Absoluta: Para acceder aos premios en metálico da categoría absoluta será necesario rematar a proba nunha marca inferior a 1h 14 minutos 59 segundos na categoría masculina e 1h 29 minutos e 59 segundos na categoría feminina.
Requisito Tramo Xacobeo: Para acceder á clasificación do Tramo Xacobeo será necesario rematar a proba en menos de 1h 29 minutos 59 segundos para categoría masculina e 1h 44 minutos 59 segundos na categoría feminina.
Requisito Récord da Proba: Ao tratarse da primeira edición, e non ter actualmente un récord da proba, establécese como marca mínima para a obtención deste premio un tempo inferior a 1 hora 5 minutos 59 segundos en homes e 1 hora 15 minutos 59 segundos en mulleres.
Acto Oficial e Resto de Premios: Entregarase tamén premio aos tres primeiros e tres primeiras de cada categoría (e medalla de finalización a quen complete a proba). Para recibir un premio esixirase a presenza no acto oficial de entrega (13:00 h) e os documentos acreditativos en cada caso, salvo causa xustificada.