Regulamento Oficial da Proba
I MEDIA MARATÓN SANTIAGO DE COMPOSTELA 2027 · REGULAMENTO
Documento para aprobación federativa · Santiago de Compostela · 2 de maio de 2027
Artigo 1. Obxecto
Finish line Santiago S.L. organiza e promove a I Media Maratón Santiago de Compostela que se celebrará o día 2 de maio do 2027.
Artigo 2. Características da proba e normativa
A I Media Maratón Santiago de Compostela trátase dunha carreira urbana a pé homologada pola Real Federación Española de Atletismo de 21.097,5 metros. Terán acceso todas as persoas con dorsal, federados ou populares, podendo participar os atletas estranxeiros que cumpran coa normativa RFEA-World Athletics, sempre que teñan cumpridos 18 anos a 31 de decembro de 2026. Non poderán participar menores de idade, nin en carriños nin en ningún outro dispositivos de transporte asistido. O circuíto, urbano e sobre asfalto, estará homologado pola RFEA, estando indicados todos los puntos quilométricos con un panel sinalizado. A proba está incluída dentro do Calendario Internacional da World Athletics.
A proba rexerase por este Regulamento e, en todo o non previsto, polo Reglamento de Competición y Técnico de World Athletics, o Reglamento de Competiciones da RFEA, as Normas Técnicas e demais normativa aplicable da FGA, a normativa antidopaxe e a lexislación deportiva, sanitaria, de seguridade e protección de datos que corresponda.
En caso de contradición, prevalecerá a norma de superior rango ou a disposición federativa específica vixente. As resolucións do Delegado Técnico, do Xefe de Xuíces/Delegado competente, do Xulgado de Apelación ou órgano federativo competente prevalecerán nos ámbitos que lles correspondan.
Artigo 3. Data, lugar e distancia
A competición celebrarase o domingo 2 de maio de 2027 en Santiago de Compostela. A distancia oficial será 21.097,5 metros, homologada conforme á normativa aplicable.
A saída será na Avenida de Lugo, á altura da Rúa dos Concheiros e a meta será Praza do Obradoiro. As localizacións definitivas serán as que consten no certificado de homologación e no plano oficial que se publicará nas páxinas web oficiais do evento. A hora prevista de saída será ás 09:30 h e o peche da meta realizarase ás 12:15h, sendo o tempo máximo oficial para finalizar a carreira 2h 45 minutos, sen que en ningún caso poida excederse dito tempo, quedando fóra de carreira e das clasificacións oficiais os participantes que non cumpran con este límite.
Artigo 4. Horario provisional.
Sábado 1 de maio de 2027.
O horario previsto para a Feira do Corredor será o seguinte:
- 10:30 h: apertura da Feira do Corredor.
- 10:30 – 14:00 h: entrega de dorsais e bolsas do corredor.
- 14:00–16:00 h: pausa técnica e peche parcial da feira.
- 16:00 h: reapertura da Feira do Corredor.
- 16:00 – 20:30 h: continuación da entrega de dorsais.
- 17:00–19:00 h: probas non competitivas de menores.
- 19:00 h: presentación dos atletas convidados.
- 20:30 h: peche da entrega de dorsais e da Feira do Corredor.
Domingo 2 de maio de 2027.
O horario previsto para o día da proba será o seguinte:
- 07:00 h: apertura da zona de saída e chegada do persoal organizador.
- 09:00 h: apertura dos caixóns de saída.
- 09:15 h: chamamento dos atletas de elite.
- 09:25 h: presentación da proba e indicacións de seguridade.
- 09:30 h: saída da I Media Maratón Santiago de Compostela.
- 12:15 h: peche de control de meta.
- 12:30 h: publicación das clasificacións provisionais.
- 12:30–13:00 h: prazo de presentación de reclamacións.
- 13:00 h: entrega de premios e acto de clausura.
- 13:30 h: peche dos servizos ao corredor e inicio da desmontaxe.
A organización poderá modificar estes horarios por razóns meteorolóxicas, técnicas, administrativas, sanitarias ou de seguridade.
Artigo 5. Inscricións.
As inscricións realizaranse a través da páxina web oficial do evento.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 18 de abril do 2027 ou ata esgotar os dorsais dispoñibles.
Como norma xeral, non se admitirán inscricións despois do 18 de abril de 2027, durante a Feira do Corredor nin o propio día da carreira. Excepcionalmente, se non se alcanzase o límite máximo, poderá abrirse un período extraordinario entre o 18 e o 25 de abril de 2027, co mesmo prezo do último tramo. As persoas inscritas durante este período non terán garantidos o dorsal personalizado, a camiseta do evento, a totalidade dos produtos da bolsa do corredor nin a asignación inicial do caixón solicitado. A apertura deste período deberá anunciarse expresamente na páxina web e nas redes sociais do evento.
Para formalizar a inscrición será necesario cubrir o formulario cos datos persoais solicitados, indicar unha marca acreditada para a asignación do caixón, aceptar o regulamento e aboar a cota correspondente. A inscrición será persoal e intransferible, salvo que se solicite formalmente un cambio de titularidade dentro do prazo establecido.
A proba poderá estar suxeita a controis antidopaxe. Os participantes deberán someterse aos controis determinados polas autoridades competentes e cumprir a normativa vixente. A negativa inxustificada ou o incumprimento das obrigas poderá dar lugar á descualificación e ás sancións correspondentes.
5.1. Tramos e prezos.
O prezo das inscricións será o seguinte segundo o tramo:
- Os 100 primeiros inscritos...............................................................................................19€.
- Ata 31/12/2026 ou ata acadar os 1000 inscritos……………………………. 25€.
- Dende o 01/01/2027 ao 14/02/2027 ou ata acadar os 2000 inscritos……………………………. 29€.
- Dende o 15/02/2027 ao 31/03/2027 ou ata acadar os 2500 inscritos …………………………….35€.
- Dende o 01/04/2027 ao 18/04/2027 …………………………………………………………………………40€.
Os prezos establecidos aplicaranse aos atletas que dispoñan da licenza federativa nacional de atletismo válida pola RFEA na tempada correspondente á celebración do evento e con cobertura suficiente para participar na proba. Os participantes que non dispoñan dunha licenza federativa nacional deberán aboar o suplemento correspondente á licenza de día, que serán 3€ a maiores por atleta. Este dato (licencia) deberá incluírse obrigatoriamente no formulario de inscrición.
As licencias serán comprobadas pola Organización. No caso de que se detecte que algún atleta introduza unha licencia NACIONAL non válida ou que a licencia non corresponda ao atleta inscrito, a inscrición será eliminada automaticamente.
5.2. Cambio de titularidade e devolucións.
Non se farán devolucións das inscricións, salvo en caso dunha lesión ou enfermidade acreditada mediante un informe médico oficial, no que a organización poderá ofrecer a reserva da inscrición para a seguinte edición, sempre que a solicitude se presente antes do 15 de abril de 2027, ao correo finishlinesantiago@gmail.com.
Poderá realizarse un cambio de titularidade no mesmo correo que deberá solicitarse antes o 15 de abril de 2027 ás 23:59 h. O novo titular deberá cumprir os requisitos de participación e cubrir os seus datos persoais, aceptar o regulamento, aboar os gastos de xestión, 5€, e aboar, se procede, o suplemento correspondente á licenza de día. Non se permitirá o intercambio informal de dorsais. Participar co dorsal doutra persoa poderá supoñer a descualificación de ambas.
5.3. Caixóns de saída
Os participantes distribuiranse en diferentes caixóns segundo a marca acreditada nunha media maratón, que se solicitará á hora de cubrir o formulario de inscrición.
| Caixón | Cor | Marca en media maratón | Ritmo orientativo |
|---|---|---|---|
| ÉLITE | BRANCO | Atletas convidados | Criterio técnico |
| 1 | VERMELLO | Menos de 1 h 25 min | Menos de 4:00 min/km |
| 2 | VERDE | De 1 h 25 min a 1 h 35 min | 4:00 – 4:30 min/km |
| 3 | AZUL | De 1 h 35 min a 1 h 45 min | 4:30 - 5:00 min/km |
| 4 | AMARELO | Máis de 1 h 45 min | Máis de 5:00 min/km |
Para acceder ao caixón 1 será necesario acreditar unha marca oficial obtida entre o 2 de maio de 2025 e o 18 de abril de 2027. A Secretaría Técnica verificará a información e poderá modificar o caixón solicitado se a marca non se pode acreditar debidamente. Para o resto de caixóns, os atletas indicarán unha marca, non tendo por que ser oficial.
Cada participante deberá acceder ao espazo correspondente á cor do seu dorsal. Non se permitirá avanzar a un caixón máis rápido. Os corredores que cheguen tarde serán situados no último caixón ou no lugar indicado pola organización.
O acceso ao caixón élite será determinado pola Dirección Técnica. Como referencia inicial, poderán considerarse:
- Homes: marca inferior a 1 hora e 10 minutos.
- Mulleres: marca inferior a 1 hora e 24 minutos.
O cumprimento destas marcas non implicará automaticamente a condición de atleta convidado. Aqueles atletas que, non sendo atletas convidados, poidan acreditar unha marca oficial con estas condicións, poderán solicitar a súa inclusión no caixón élite enviandounha solicitude a través do seguinte correo electrónico: finishlinesantiago@gmail.com
Artigo 6. Retirada de dorsais.
Os dorsais e a bolsa do corredor entregaranse nos seguintes lugares e horarios:
- Xoves 29 e venres 30 de abril de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 no Centro Comercial As Cancelas.
- Sábado 1 de maio no horario de apertura da Feira do corredor, de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30. En ningún caso se entregarán os dorsais fóra destas datas e horarios, nin o propio día do evento. Non se admitirán cambios nos caixóns de saída na recollida de dorsais.
Á hora de recoller o dorsal, deberase presentar un documento oficial que acredite a identidade do atleta xunto coa confirmación de inscrición enviada por correounha vez formalizado o pago. Poderase autorizar a outra persoa a retirada do dorsal, sempre que se presente á Organización, no momento de recoller o dorsal, o Anexo I debidamente cumprimentado e asinado, xunto coa confirmación de inscrición correspondente e o DNI da persoa autorizada á recollida.
Non se entregarán dorsais a aqueles que non cumpran cos requisitos marcados pola Organización. A Organización resérvase o dereito a cambiar a ubicación e/ou o horario da Feira do corredor, comunicándoo debidamente aos corredores.
Artigo 7. Percorrido
O percorrido desenvolverase integramente no termo municipal de Santiago de Compostela, dende a Avenida de Lugo á altura da Rúa dos Concheiros ata a Praza do Obradoiro, conforme ao plano oficial aprobado e homologado, que se publicará no momento que se obteña o certificado de homologación.
A I Media Maratón de Santiago terá un percorrido totalmente urbano. Sairá da Av. De Lugo cara San Caetano, As Cancelas, San Lázaro, Amio, San Lázaro, Palacio de Congresos, Fontiñas, Concheiros, Virxe da Cerca, Rosalía de Castro, Campus Sur, Galeras, Vista Alegre, Romaño, Burgo das Nacións, San Roque, Zona Vella e rematando na Praza do Obradoiro. Este percorrido é provisional e poderá ser modificado. A Organización publicará o circuíto definitivo previamente ao día do evento.
O percorrido estará claramente sinalizado e protexido, e os atletas estarán obrigados a seguir a ruta marcada. A organización poderá instalar valados, conos, elementos de canalización e postos de control. O percorrido definitivo estará descrito no documento de medición da homologación.
O tempo máximo previsto é de 2 horas e 45 minutos desde o disparo de saída, polo que o peche oficial será ás 12:15 h. Establécense peches intermedios nos seguintes puntos: km 10 antes de 1:15:00 e km 15 antes de 1:55:00. Os tempos son condicións organizativas e poderán ser axustados polo Delegado Técnico por razóns de seguridade ou tráfico, sen superar as posibilidades autorizadas para a proba.
O atleta que sexa alcanzado polo vehículo ou sistema oficial de peche deberá seguir as instrucións dos xuíces e da organización. Unha vez fóra da competición, deberá cumprir as normas ordinarias de circulación e seguridade.
7.1. Tramo XACOBEO
Haberá un tramo intermedio cronometrado, Tramo Xacobeo, que contará cunha clasificación particular e premios especiais. Este tramo terá unha lonxitude aproximada de 2.500 metros comprendidos entre os puntos quilométricos 7,2 ata o 9,7, correspondente co tramo no que coincide a proba co Camiño de Santiago. O inicio deste tramo será na rotonda do Museo Pedagóxico de Galicia e o fin na praza Porta do Camiño.
Para realizar a clasificación, utilizarase o tempo neto en percorrer este tramo, habendo un punto de control de chip ao inicio e outro ao final desta parte do circuíto. Se dous ou máis atletas percorren este tramo exactamente no mesmo tempo, o criterio de desempate será a posición en meta deses atletas ao rematar a proba.
7.2. Avituallamentos e hidratación
A organización disporá de asistencia sanitaria na saída, na meta e en distintos puntos do percorrido. Estableceranse avituallamentos líquidos aproximadamente nos quilómetros 5, 10 e 15, ademais dun avituallamento final na meta con bebidas e alimentos sólidos.
As persoas inscritas deberán cubrir a parte traseira do dorsal cos seus datos persoais, un teléfono de contacto para emerxencias e a información médica relevante, incluíndo posibles alerxias, necesidades especiais, tratamentos en curso e grupo sanguíneo.
Artigo 8. Categorías.
A participación estará permitida a deportistas que teñan 18 anos cumpridos o día 31 de decembro de 2026. Todas as persoas inscritas declaran que se atopan nun estado de saúde adecuado e que dispoñen da preparación física necesaria para completar unha carreira de 21.097,5 metros.
A proba contará coas seguintes categorías, sempre e cando se acade un mínimo de 5 atletas por categoría e sexo.
- Clasificación xeral absoluta feminina e masculina.
- Categoría sub-23 masculina e feminina. (Nacidos entre o 2005 y 2008, incluídos)
- Categoría senior masculina e feminina. (Nacidos entre o 1993 y 2004, incluídos)
- Categorías máster A masculinas e femininas. (Nacidos entre o 1983 y 1992, incluídos)
- Categorías máster B masculinas e femininas. (Nacidos entre o 1973 y 1982, incluídos)
- Categorías máster C masculinas e femininas. (Nacidos entre o 1963 y 1972, incluídos)
- Categorías máster D masculinas e femininas. (Nacidos entre o 1953 y 1962, incluídos)
- Categorías máster E masculinas e femininas. (Nacidos no 1952 o anteriores)
- Categoría local (Empadroado no Concello de Santiago de Compostela)
- Categoría galego (Empadroado nalgún concello de Galicia)
- Clasificación por equipos, masculino e feminino.
A clasificación absoluta inclúe a todas as persoas participantes, con independencia da súa categoría de idade.
Na clasificación por equipos, todos os atletas deberán ter licencia federativa na tempada correspondente á celebración do evento por dito club, permitindo atletas de clubs filiais, sempre que se indique nas inscricións. Todos os membros do equipo deberán indicalo nas inscricións para poder formar parte do mesmo. Sumaranse os tempos dos 4 mellores para a clasificación final, en cada sexo.
Haberá unha clasificación por empresas, na cal só se terá en conta o número de participantes, sendo gañadora a que conte con máis atletas que rematen a proba. En caso de empate, gañará a empresa cuxo primeiro participante en chegar a meta rematase a proba en menos tempo.
Artigo 9. Clasificacións e premios.
Ao finalizar a carreira publicaranse as clasificacións provisionais.
Establecerase un período para presentar reclamacións ante a Secretaría Técnica ou o xuíz árbitro. As reclamacións deberanse presentar por escrito, identificándose a persoa reclamante, explicando o motivo claramente e achegando probas, se existen. Unha vez resoltas, publicaranse as clasificacións definitivas. Os premios serán os seguintes:
- Premio aos oito primeiros e oito primeiras da clasificación absoluta masculina e feminina.
- Premio aos tres primeiros e tres primeiras de cada categoría.
- Premio ao primeiro e primeira atleta galega e ao primeiro e primeira atleta local.
- Premio aos tres mellor equipos feminino e masculino.
- Premio á empresa e ao club máis numerosos.
- Premio do tramo XACOBEO, feminino e masculino.
- Premio ao récord da proba, masculino e feminino.
Establécense os seguintes premios económicos para atraer atletas de alto nivel.
| Premio | Importe |
|---|---|
| Absoluto 1.º masculino/feminino | 1.000 € / 1.000 € |
| Absoluto 2.º masculino/feminino | 700 € / 700 € |
| Absoluto 3.º masculino/feminino | 500 € / 500 € |
| Absoluto 4.º masculino/feminino | 400 € / 400 € |
| Absoluto 5.º masculino/feminino | 300 € / 300 € |
| Absoluto 6.º masculino/feminino | 200 € / 200 € |
| Absoluto 7.º masculino/feminino | 100 € / 100 € |
| Absoluto 8.º masculino/feminino | 50 € / 50 € |
| Galego 1.º masculino/feminino | 200 € / 200 € |
| Local 1.º masculino/feminino | 200 € / 200 € |
| Equipos 1.º masculino/feminino | 300 € / 300 € |
| Equipos 2.º masculino/feminino | 200 € / 200 € |
| Equipos 3.º masculino/feminino | 100 € / 100 € |
| Tramo Xacobeo 1.º masculino/feminino | 300 € / 300 € |
| Récord da proba masculino/feminino | 500 € / 500 € |
| Club máis numeroso | 200 € |
| Empresa máis numerosa | 200 € |
Todos os premios serán acumulables, á excepción do local e galego que non se poderán acumular. Para acceder aos premios de local e galego, será necesario presentar un certificado de empadroamento expedido como máximoun mes antes da celebración do evento.
Para acceder aos premios en metálico da categoría absoluta será necesario rematar a proba nunha marca inferior a 1h 14 minutos 59 segundos na categoría masculina e 1h 29 minutos e 59 segundos na categoría feminina.
Para acceder á clasificación do Tramo Xacobeo será necesario rematar a proba en menos de 1h 29 minutos 59 segundos para categoría masculina e 1h 44 minutos 59 segundos na categoría feminina. Para recibir un premio esixirase a presenza no acto oficial e os documentos acreditativos en cada caso.
Ao tratarse da primeira edición, e non ter actualmente un récord da proba, establecerase como marca mínima para a obtención deste premioun tempo inferior a 1 hora 5 minutos 59 segundos en homes e 1 hora 15 minutos 59 segundos en mulleres.
Artigo 10. Servizos xerais para o/a corredor/a
As persoas participantes recibirán unha bolsa do corredor con agasallos no seu interior. Para recoller os agasallos será necesario presentar o dorsal e un documento identificativo. A entrega realizarase nos prazos establecidos para a recollida de dorsais.
As tallas das prendas estarán suxeitas á dispoñibilidade existente. A organización non garante que haxa todas as tallas solicitadas, xa que a súa fabricación é previa ao peche das inscricións. Unha vez aceptada a prenda, non se admitirán cambios nin modificacións da talla indicada na inscrición.
As persoas que completen a proba recibirán unha medalla de finalización.
A organización poñerá á disposición das persoas participantes os seguintes servizos:
- Avituallamentos líquidos aproximadamente nos quilómetros 5, 10 e 15.
- Avituallamento líquido e sólido ao finalizar a carreira.
- Servizo de gardarroupa e aseos nas zonas habilitadas. A organización non se responsabilizará dos obxectos de valor depositados.
Para utilizar o gardarroupa será obrigatorio entregar as pertenzas debidamente embolsadas e identificadas co número de dorsal. Por motivos de seguridade, o persoal poderá revisar as bolsas antes da súa recepción e limitar o acceso cando sexa necesario. A devolución das pertenzas requirirá presentar o dorsal correspondente. Non se aceptarán pezas ou obxectos soltos que non estean dentro dunha bolsa. Os atletas disporán de duchas e vestiarios ao rematar a proba, no lugar que se indique pola organización. Habilitarase tamén un servizo de obxectos perdidos, operativo ata o peche das instalacións.
O control dos tempos realizarase mediante un sistema electrónico de chip.
Artigo 11. Normas de participación
A competición estará supervisada polo comité de xuíces correspondente, que velará polo cumprimento do regulamento. Ao longo do percorrido estableceranse puntos de control de tempo. Para figurar na clasificación, será obrigatorioutilizar o chip proporcionado pola organización, colocado correctamente na parte traseira do dorsal. A organización non se fará responsable dos posibles fallos técnicos que poida presentar o chip.
O dorsal e o chip serán persoais e non poderán cederse a outras persoas. O dorsal deberá colocarse de forma visible no peito, sen dobralos nin manipulalos.
Non se permitirá participar a persoas non inscritas, sen dorsal oficial ou cun dorsal doutro evento. Tampouco se permitirá a presenza de vehículos non autorizados no percorrido. A organización e os xuíces poderán descualificar a quen incumpra as normas, altere os datos da inscrición, non complete o trazado, oculte ou manipule o dorsal, ceda o seu material de identificación ou non presente a documentación requirida. As persoas atletas federadas deberán competir coa equipación oficial do seu club, podendo ser descualificadas se non o fan.
As zapatillas deberán cumprir as regras de World Athletics e a normativa aplicable na data da proba, especialmente as relativas ás características e modelos autorizados. A organización poderá establecer control de zapatillas cando o determine a federación competente ou o Delegado Técnico.
Serán motivos de descualificación as seguintes condutas:
- Facilitar datos falsos durante a inscrición.
- Non completar todo o percorrido ou non pasar polos controis establecidos.
- Ser alcanzado polos vehículos de peche da carreira.
- Levar o dorsal oculto, pouco visible ou manipulado, incluída a súa publicidade.
- Utilizar o dorsal ou o chip doutra persoa, ou facilitar o dorsal para a súa reprodución e uso por terceiros.
- Desobedecer as indicacións dos xuíces ou do persoal da organización.
- Negarse a realizar os controis antidopaxe obrigatorios.
- Manter unha conduta antideportiva.
- Saír dun caixón diferente ao asignado na inscrición.
- Incumprir calquera outra disposición da normativa federativa aplicable.
O persoal médico e os xuíces árbitros poderán ordenar a retirada da proba de calquera atleta cuxo estado físico non sexa adecuado para continuar competindo.
As persoas descualificadas perderán o dereito a recibir premios ou trofeos. Ademais, a organización poderá impedir a súa participación en futuras edicións da carreira.
11.1. Medidas ante as infraccións
A organización poderá adoptar as medidas legais que correspondan contra quen participe de maneira irregular ou colabore nestas condutas.
Considéranse infraccións graves participar sen inscrición, utilizar o dorsal ou o chip doutra persoa sen autorización, empregar identificacións alleas á proba ou presentar dorsais falsificados. Esta relación non exclúe outras posibles irregularidades.
As persoas infractoras poderán ser identificadas e retiradas da competición polo persoal de seguridade. Os seus datos e as probas necesarias poderán utilizarse para iniciar os procedementos legais correspondentes.
Se a infracción se detecta despois da carreira, a organización poderá iniciar as actuacións oportunas cando teña coñecemento dos feitos. As persoas implicadas recibirán as notificacións necesarias para poder intervir nos procedementos nos que se determinen as súas posibles responsabilidades.
Só poderán seguir a carreira os vehículos expresamente autorizados pola organización, que deberán estar debidamente identificados. Queda prohibido acompañar ós corredores mediante motocicletas, bicicletas, patíns ou calquera outro medio de transporte, co fin de garantir a seguridade da proba. Tampouco estará permitida a participación acompañada de menores de idade ou animais.
A organización disporá dun vehículo de peche ou coche escoba e, se é posible, un vehículo para trasladar ás persoas que decidan abandonar a carreira ou non poidan continuar por calquera motivo.
Artigo 12. Cancelación da proba por causas alleas á organización
Se por circunstancias alleas á organización a carreira tivese que ser suspendida ou non puidese celebrarse na data prevista por decisión das autoridades competentes, a organización informará desta situación ás persoas inscritas coa maior antelación posible.
Se a proba se cancelase por causas alleas á organización, esta poderá ofrecer a reserva da inscrición para a seguinte edición, sempre que sexa posible.
12.1. Limitacións sanitarias e medidas excepcionais
A celebración da carreira estará condicionada ao cumprimento da normativa sanitaria e das disposicións legais vixentes na Comunidade Autónoma de Galicia na data do evento. Calquera modificación dos requisitos de participación será comunicada oportunamente ás persoas inscritas, que deberán respectar as medidas establecidas polas autoridades competentes.
A organización resérvase o dereito de suspender ou cancelar definitivamente a proba cando as restricións impostas polas autoridades ou outras circunstancias excepcionais fagan inviable a súa celebración nas condicións de seguridade necesarias.
A carreira desenvolverase, con carácter xeral, independentemente das condicións meteorolóxicas, agás cando estas supoñan un risco para a seguridade das persoas participantes ou concorran circunstancias de emerxencia que impidan a súa celebración. Nestes casos, a organización actuará seguindo as indicacións das autoridades competentes e dos xuíces da competición.
Por motivos de seguridade, forza maior ou outras circunstancias debidamente xustificadas, a organización poderá modificar o percorrido, a distancia, os horarios ou o desenvolvemento previsto da proba. Así mesmo, poderá acordar o seu aprazamento ou suspensión cando non existan as condicións necesarias para garantir a seguridade.
Calquera modificación ou decisión de suspensión será comunicada ás persoas inscritas a través dos medios oficiais da carreira, indicando, cando corresponda, as condicións e medidas que se adopten.
Artigo 13. Carácter oficial, seguros e responsabilidade das persoas participantes
13.1. Carácter oficial da proba
A competición terá carácter oficial e estará incluída nos calendarios de competición de World Athletics, da Real Federación Española de Atletismo (RFEA) e da Federación Galega de Atletismo (FGA).
A súa organización e desenvolvemento estarán sometidos ás normas e regulamentos técnicos de World Athletics, da RFEA e da FGA que resulten aplicables, así como ás disposicións legais e administrativas vixentes.
As persoas participantes deberán cumprir os requisitos de participación, licenzas e demais condicións establecidas polos organismos federativos competentes.
13.2. Seguros obrigatorios
A entidade organizadora, Finish Line Santiago, S.L., disporá das pólizas de seguro esixidas pola normativa aplicable para garantir a cobertura dos riscos derivados da celebración da proba.
En particular, contará con:
- Seguro de responsabilidade civil, destinado a cubrir os danos persoais e materiais que poidan sufrir as persoas participantes, o público asistente e terceiros como consecuencia da actividade desenvolvida, dentro dos límites e condicións establecidos pola normativa e pola póliza contratada.
- Seguro de accidentes deportivos, que garantirá a cobertura das persoas participantes de acordo coas prestacións mínimas esixibles e coas condicións establecidas pola regulamentación deportiva aplicable.
A organización comprobará que todas as persoas participantes dispoñan da cobertura aseguradora correspondente. Cando sexa necesario, tramitarase a través dos organismos federativos competentes a licenza ou título habilitante de carácter temporal que corresponda, incluída a licenza de día da RFEA. As coberturas estarán suxeitas ás condicións, garantías, límites e exclusións das pólizas contratadas, podendo as persoas interesadas solicitar información sobre elas a través da organización.
Artigo 14. Protección de datos persoais, dereitos de imaxe e publicación de resultados
14.1. Responsable do tratamento dos datos
A entidade responsable do tratamento dos datos persoais recollidos durante o proceso de inscrición e desenvolvemento da carreira será:
Finish Line Santiago, S.L.
- NIF: B88679253.
- Correo electrónico: finishlinesantiago@gmail.com.
A entidade tratará os datos persoais de conformidade co Regulamento (UE) 2016/679, xeral de protección de datos (RXPD), coa Lei orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e co resto da normativa aplicable.
Para obter máis información sobre o tratamento dos datos persoais, poderanse consultar as condicións e a política de privacidade na páxina web oficial da proba www.mediamaratonsantiagodecompostela.com
14.2. Finalidade e lexitimación do tratamento
Os datos persoais facilitados polas persoas participantes serán utilizados para as seguintes finalidades:
- Xestionar as inscricións, os pagamentos e a participación na carreira.
- Realizar o control de dorsais, o cronometraxe e a elaboración das clasificacións.
- Tramitar as licenzas federativas ou temporais que sexan necesarias.
- Xestionar os seguros obrigatorios e as posibles incidencias derivadas da competición.
- Facilitar a coordinación cos servizos médicos, de emerxencia e seguridade.
- Cumprir as obrigas organizativas, deportivas e administrativas derivadas do carácter oficial da proba.
- Comunicar os resultados aos organismos federativos competentes e posibilitar a súa validación e incorporación aos correspondentes sistemas de clasificación deportiva.
- Enviar información organizativa relacionada coa competición.
Os datos de saúde que as persoas participantes faciliten para a atención de posibles incidencias médicas ou emerxencias serán utilizados para facilitar a asistencia correspondente durante o desenvolvemento da proba.
A base xurídica destes tratamentos será a execución da relación contractual derivada da inscrición, o cumprimento das obrigas legais e regulamentarias aplicables e, cando corresponda, o interese lexítimo da organización na correcta xestión e desenvolvemento da competición.
Os tratamentos baseados no consentimento, como determinadas utilizacións da imaxe, o seguimento público en directo ou as comunicacións comerciais, requirirán unha autorización específica e diferenciada cando corresponda.
14.3. Comunicación de datos aos organismos federativos e outras entidades
Dado o carácter oficial e internacional da competición, os datos identificativos e deportivos das persoas participantes poderán ser comunicados á World Athletics, á Real Federación Española de Atletismo (RFEA) e á Federación Galega de Atletismo (FGA), na medida en que resulte necesario para cumprir as obrigas derivadas da inclusión da proba nos seus respectivos calendarios.
Esta comunicación poderá comprender os datos estritamente necesarios para:
- A xestión e comprobación das inscricións e licenzas deportivas.
- A tramitación das licenzas de día, cando corresponda.
- A xestión das coberturas aseguradoras vinculadas á participación.
- A validación dos resultados oficiais e a súa incorporación aos sistemas federativos.
- A elaboración de clasificacións e rankings deportivos de ámbito autonómico, nacional e internacional.
- cumprimento das normas técnicas, de control e disciplina deportiva aplicables.
Así mesmo, os datos imprescindibles para a xestión dos seguros poderán ser facilitados ás correspondentes compañías aseguradoras e mediadores, e os necesarios para atender accidentes ou emerxencias aos servizos sanitarios competentes.
As empresas encargadas das inscricións, o cronometraxe, os pagamentos, as aplicacións informáticas e o seguimento en directo poderán acceder aos datos necesarios para prestar os seus servizos, baixo as garantías e condicións esixidas pola normativa de protección de datos.
Os datos comunicados limitaranse aos necesarios para cada unha destas finalidades. As entidades federativas realizarán os tratamentos que lles correspondan conforme ás súas propias competencias, obrigas e políticas de protección de datos.
En ningún caso se facilitarán automaticamente os datos de contacto das persoas inscritas aos patrocinadores ou colaboradores para que realicen actividades comerciais propias.
14.4. Publicación de inscricións e resultados deportivos
Dado o carácter oficial da competición e a súa inclusión nos calendarios federativos, os datos deportivos necesarios poderán incorporarse ás relacións oficiais de participantes e ás clasificacións correspondentes.
A organización publicará na súa páxina web oficial os resultados da carreira, que poderán incluír nome e apelidos, número de dorsal, categoría, club, marca obtida e posición na clasificación.
Os resultados poderán ser remitidos igualmente á FGA, á RFEA e á World Athletics para os efectos de validación, rexistro e clasificación deportiva que correspondan.
A publicación e difusión dos resultados realizarase de acordo coas disposicións regulamentarias federativas e coa normativa de protección de datos aplicable.
14.5. Fotografías, vídeos e utilización da imaxe
Durante a celebración da competición poderán realizarse fotografías e gravacións audiovisuais para documentar o desenvolvemento do evento e difundir a súa actividade deportiva.
A organización poderá utilizar estes materiais nos seus medios oficiais, páxinas web, redes sociais e publicacións informativas, así como en accións de promoción e publicidade da carreira, respectando en todo momento os dereitos das persoas participantes e a normativa de protección de datos aplicable. Cando a utilización da imaxe teña como finalidade a promoción comercial ou publicitaria e requira o consentimento da persoa participante, este deberá recollerse mediante unha autorización específica e diferenciada.
No caso de que algún atleta se opoña á captación da súa imaxe mediante vídeos ou fotografías realizados pola organización ou polos colaboradores da proba, deberá comunicalo expresamente á organización a través do correo electrónico finishlinesantiago@gmail.com, acreditando a súa identidade.
14.6. Seguimento en directo (Live Tracking)
O servizo de seguimento en directo (Live Tracking), no caso de habelo, estará dispoñible a través da páxina web oficial da carreira e poderá ser consultado polas persoas usuarias que accedan ao enlace habilitado para tal efecto.
Esta funcionalidade permitirá localizar e seguir durante a competición as persoas participantes mediante a introdución do seu nome ou número de dorsal, co obxectivo de facilitar que familiares, amizades e público en xeral poidan coñecer a súa posición ao longo da proba.
De maneira predeterminada, o seguimento efectuarase mediante o chip deportivo de cada corredor ou corredora, que se comunica cos sensores distribuídos ao longo do percorrido. Nos tramos comprendidos entre dous sensores, a aplicación calculará unha estimación da posición a partir da velocidade media da persoa participante, polo que a localización mostrada poderá non ser totalmente precisa neses intervalos. Se a aplicación permite activar o seguimento mediante GPS cando se utiliza un dispositivo móbil durante a proba, a precisión da localización dependerá das posibilidades e limitacións da propia aplicación. A organización, as entidades colaboradoras e as patrocinadoras non garanten a exactitude das localizacións proporcionadas pola aplicación nin se responsabilizan das posibles desviacións que poidan producirse no cálculo da posición.
O tratamento dos datos necesario para ofrecer este servizo realizarase conforme á información facilitada previamente ás persoas participantes e, cando corresponda, á autorización específica e diferenciada esixible para o seu funcionamento.
14.7. Prazo de conservación dos datos
Os datos conservaranse durante o tempo necesario para atender as finalidades indicadas neste artigo e para cumprir as obrigas legais, federativas, fiscais, aseguradoras e administrativas correspondentes. Unha vez cumpridas estas finalidades, os datos serán suprimidos ou, cando proceda, conservados debidamente bloqueados durante os prazos legalmente establecidos para atender posibles responsabilidades.
As entidades federativas poderán conservar os datos que reciban de acordo coas súas propias políticas e obrigas regulamentarias.
14.8. Exercicio de dereitos
As persoas participantes poderán exercer, nos termos establecidos pola normativa, os seus dereitos de:
- Acceso aos seus datos persoais.
- Rectificación dos datos inexactos.
- Supresión dos datos cando proceda.
- Oposición ao tratamento.
- Limitación do tratamento.
- Portabilidade dos datos, cando sexa aplicable.
- Retirada dos consentimentos previamente outorgados.
Para o exercicio destes dereitos deberán dirixirse á entidade responsable do tratamento mediante os datos de contacto indicados no apartado 14.1, acreditando a súa identidade.
Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas poderán presentar unha reclamación ante a autoridade de control competente en materia de protección de datos.
14.9. Comunicacións ás persoas inscritas e información comercial
A organización poderá utilizar o correo electrónico e o número de teléfono facilitados durante a inscrición para enviar información necesaria sobre o desenvolvemento da proba, modificacións organizativas, horarios, servizos, incidencias e indicacións de seguridade.
Estas comunicacións de carácter organizativo diferenciaranse das comunicacións comerciais.
A organización poderá enviar información comercial sobre próximas edicións do evento ou promocións dos patrocinadores relacionadas coa competición, sempre que exista unha base xurídica válida para iso e, cando corresponda, o consentimento previo e específico da persoa interesada.
Artigo 15. Declaración de participación e asunción de responsabilidades
Mediante a súa inscrición, cada participante realiza a seguinte declaración:
«Declaro que participo nesta competición de maneira libre e voluntaria, coñecendo as características da proba, a súa distancia, as esixencias físicas e as condicións nas que se desenvolverá.
Declaro que dispoño da preparación, experiencia e condición física necesarias para afrontar a competición e que non existe ningunha circunstancia de saúde que desaconselle a miña participación. Declaro que me atopo en condicións físicas adecuadas para realizar a Media Maratón Santiago de Compostela, tendo a certeza de estar física e psicolóxicamente apto/a para iso e declaro ter realizado de forma positiva os controis médicos pertinentes, que descartan calquera enfermidade, patoloxía, lesión ou calquer outro problema de saúde que desanconselle a miña participación. Ademais comprométome a non participar nela se, antes da súa celebración, se produce algunha alteración no meu estado de saúde que poida supoñer un risco para a miña integridade ou a das demais persoas participantes.
Recoñezo que a práctica da carreira a pé, especialmente en distancias de longa duración, implica uns riscos inherentes ao esforzo físico, á fatiga e ás condicións ambientais nas que se desenvolve a competición, que coñezo e acepto dentro dos límites propios da actividade deportiva.
Así mesmo, comprométome a cumprir as disposicións establecidas neste regulamento, as normas técnicas e deportivas aplicables de World Athletics, da Real Federación Española de Atletismo (RFEA) e da Federación Galega de Atletismo (FGA), así como os protocolos de seguridade e as indicacións dos xuíces, da organización, dos voluntarios e das autoridades competentes.
Durante o desenvolvemento da proba manterei unha conduta responsable e colaborarei cos servizos organizativos, sanitarios e de seguridade, evitando actuacións que poidan poñer en perigo a miña integridade física ou a doutras persoas.
Se durante a competición experimento algunha circunstancia física que poida comprometer a miña seguridade, comprométome a deter a miña participación e comunicarllo, cando sexa posible, ao persoal da organización ou aos servizos sanitarios.
Acepto cumprir as medidas sanitarias e de seguridade que, de acordo coa normativa vixente e coas indicacións das autoridades competentes, resulten aplicables á celebración da proba.
Declaro coñecer que a organización dispón das coberturas de seguro correspondentes, nos termos establecidos pola normativa deportiva aplicable e polas pólizas contratadas.
Tendo en conta todo o anterior, eximo de toda responsabilidade a Organización, as entidades patrocinadoras e colaboradoras e/ou outras institucións participantes ante calquera accidente, problema de saúde ou lesión que puidese sufrir antes, durante e/ou despois do evento deportivo, renunciando desde este momento a calquera acción legal contra calquera das ditas entidades.
Así mesmo, autorizo a Organización a facer uso publicitario de fotografías, vídeos e calquera outro tipo de material audiovisual no que poida aparecer, aceptando a publicación do meu nome na clasificación da proba, nos medios de comunicación e/ou en Internet, sen esperar pagamento, compensación nin remuneración ningunha por este concepto.
Declaro, igualmente, ter recibida información sobre a captación e utilización de fotografías e gravacións audiovisuais durante a competición, así como sobre o procedemento para manifestar a miña oposición á aparición identificable nas imaxes.
Acepto que os meus datos deportivos, incluídos o nome, apelidos, dorsal, categoría, club, tempo e posición, poidan incorporarse ás clasificacións oficiais e publicarse nos medios dixitais, así como comunicarse aos organismos federativos competentes para os efectos de rexistro e validación dos resultados.»
Artigo 16. Outras consideracións regulamentarias
Todo o non recollido no presente regulamento rexerase pola normativa de probas en ruta da FGA, RFEA e WA en vigor. A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probas suporá a total aceptación deste Regulamento.
Queda totalmente prohibido correr na proba sen estar previamente inscrito.
Responsabilidade
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara, baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade. A organización dispón dun Seguro de Accidentes Deportivos e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.
LOPD
Todos/as os/as corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Así mesmo autorizan á gravación e realización de fotografías e un vídeo para a difusión da proba e publicidade por parte da Deputación Provincial da Coruña e da Federación Galega de Atletismo.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Complexo Deportivo de Elviña Praza Agustín Díaz, s/n - 15008 A Coruña.
ANEXO I · Autorización para a retirada do dorsal e da bolsa do corredor por unha persoa autorizada
I MEDIA MARATÓN SANTIAGO DE COMPOSTELA 2027
1. DATOS DA PERSOA PARTICIPANTE
Nome e apelidos: __________________________________________________
DNI / NIE / Pasaporte: _____________________________________________
Número de inscrición: ______________________________________________
Número de dorsal: ______________________________
2. DATOS DA PERSOA AUTORIZADA
Nome e apelidos: __________________________________________________
DNI / NIE / Pasaporte: _____________________________________________
3. AUTORIZACIÓN
Mediante este documento, eu, a persoa participante identificada no apartado 1, autorizo expresamente á persoa identificada no apartado 2 para que, no meu nome e representación, poida realizar a retirada do meu dorsal e da bolsa do corredor correspondentes á I Media Maratón Santiago de Compostela 2027. Declaro que os datos facilitados son correctos e que concedo esta autorización de maneira voluntaria e baixo a miña responsabilidade.
A persoa autorizada deberá presentar este documento debidamente cumprimentado e asinado, xunto coa confirmación da inscrición correspondente e o seu DNI, de acordo co establecido no artigo 6 do Regulamento da proba.
4. SINATURA DA PERSOA PARTICIPANTE
En ________________________________, a ______ de __________________ de 2027.
Sinatura:
Nome e apelidos: _______________________________________________
DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A RETIRADA:
- Este Anexo I debidamente cumprimentado e asinado pola persoa participante.
- Confirmación da inscrición correspondente.
- DNI da persoa autorizada
NOTA: Esta autorización permite exclusivamente a retirada do dorsal e da bolsa do corredor. Non implica un cambio de titularidade da inscrición nin autoriza a outra persoa a participar na competición co dorsal asignado.
Artigo 1. Obxecto
Finish line Santiago S.L. organiza e promove a I Mini Media Santiago de Compostela que se celebrará o día 1 de maio do 2027.
Artigo 2. Características da proba e normativa
A I Mini Media Santiago de Compostela trátase dun evento deportivo para os máis pequenos. Estará formada por 4 probas diferentes, en función da distancia e idade dos menores. Poderán participar todos os nenos e nenas nacidos entre o 2009 e o 2024, ambos incluídos. A proba rexerase por este Regulamento e polas Normas Técnicas e demais normativa aplicable da FGA.
Artigo 3. Data e lugar.
A I Mini Media Santiago de Compostela celebrarase o sábado 1 de maio de 2027 en Santiago de Compostela. As distancias dependerán das categorías dos atletas, que se establecerán en función da idade, e estarán comprendidas entre os 200m para os máis pequenos e o 3000m para os máis maiores. Todo o percorrido estará localizado no parque da Alameda de Santiago. Os percorridos definitivos publicaranse con antelación á data de celebración do evento. A hora prevista de saída da primeira proba será ás 17:00 h rematando todas as categorías antes das 18:30 h.
Artigo 4. Horario provisional. Sábado 1 de maio de 2027.
O horario previsto para a Feira do Corredor será o seguinte:
- 10:30 h: apertura da Feira do Corredor.
- 10:30 – 14:00 h: entrega de dorsais e bolsas do corredor.
- 14:00–16:00 h: pausa técnica e peche parcial da feira.
- 16:00 h: reapertura da Feira do Corredor.
- 16:00 – 20:30 h: continuación da entrega de dorsais.
- 17:00: Mini Media A.
- 17:15 h: Mini Media B.
- 17:35 h: Mini Media C.
- 18:05 h: Mini Media D.
- 19:00 h: Entrega de premios.
- 20:30 h: peche da entrega de dorsais e da Feira do Corredor.
A organización poderá modificar estes horarios por razóns meteorolóxicas, técnicas, administrativas, sanitarias ou de seguridade.
Artigo 5. Inscricións.
As inscricións realizaranse a través da páxina web oficial do evento.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 18 de abril do 2027 ou ata esgotar os dorsais dispoñibles.
Como norma xeral, non se admitirán inscricións despois do 18 de abril de 2027, durante a Feira do Corredor nin o propio día da carreira. Excepcionalmente, se non se alcanzase o límite máximo, poderá abrirse un período extraordinario entre o 18 e o 25 de abril de 2027, co mesmo prezo do último tramo. A apertura deste período deberá anunciarse expresamente na páxina web e nas redes sociais do evento. Para formalizar a inscrición será necesario cubrir o formulario cos datos persoais solicitados, aceptar o regulamento e aboar a cota correspondente. A inscrición será persoal e intransferible.
O prezo das inscricións da I Mini Media será o seguinte segundo o tramo:
- Ata o 31/03/2027...............................................…………………………….......2€.
- Dende o 01/04/2027 ao 18/04/2027 ………………………………………………………………………….....5€.
Non se farán devolucións das inscricións en ningún caso.
Artigo 6. Retirada de dorsais.
Os dorsais e a bolsa do corredor entregaranse nos seguintes lugares e horarios:
- Xoves 29 e venres 30 de abril de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 en_____________
- Sábado 1 de maio no horario de apertura da Feira do corredor, de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 16:30. En ningún caso se entregarán os dorsais fóra destas datas e horarios, nin o propio día do evento. Á hora de recoller o dorsal, deberase presentar un documento oficial que acredite a identidade do atleta xunto coa confirmación de inscrición enviada por correounha vez formalizado o pago.
Non se entregarán dorsais a aqueles que non cumpran cos requisitos marcados pola Organización. A Organización resérvase o dereito a cambiar a ubicación e/ou o horario da Feira do corredor, comunicándoo debidamente aos corredores.
Artigo 7. Categorías, percorrido e distancias.
O percorrido da I Mini Media desenvolverase integramente no entorno do Parque da Alameda de Santiago de Compostela.
O percorrido estará claramente sinalizado e protexido, e os atletas estarán obrigados a seguir a ruta marcada. A organización poderá instalar valados, conos, elementos de canalización e postos de control. Determínanse os seguintes percorridos e distancias en función das categorías:
| Categoría | Anos de nacemento | Distancias | Voltas |
|---|---|---|---|
| Mini Media Pitufos | 2020-2024 | 200m | — |
| Mini Media A | 2017-2019 | 700m | 1 volta |
| Mini Media B | 2013-2016 | 1400m | 2 voltas |
| Mini Media C | 2009-2012 | 2100m | 3 voltas |
Artigo 8. Clasificacións e premios.
A categoría Mini Media Pitufos será non competitiva e haberá un agasallo para todos os participantes que rematen a proba.
No resto das categorías establecerase unha clasificación por cada categoría e sexo, habendo premios e/ou agasallos para os cinco primeiros e cinco primeiras clasificados/as en cada unha delas. Para recibir un premio esixirase a presenza no acto oficial e os documentos acreditativos en cada caso.
Artigo 9. Servizos xerais para o/a corredor/a
Ao rematar a proba, todos os/as participantes recibirán unha bolsa do corredor con avituallamento sólido e líquido no seu interior.
Haberá posibilidade de mercar a camiseta oficial da proba. Esta opción estará habilitada no formulario de inscrición, onde as persoas que o desexen deberán indicar a talla solicitada. As tallas das prendas estarán suxeitas á dispoñibilidade existente. A organización non garante que haxa todas as tallas solicitadas, xa que a súa fabricación é previa ao peche das inscricións. Unha vez aceptada a prenda, non se admitirán cambios nin modificacións da talla indicada na inscrición.
Habilitarase tamén un servizo de obxectos perdidos, operativo ata o peche das instalacións.
O control dos tempos realizarase de xeito manual.
Artigo 10. Normas de participación
Non se permitirá participar a persoas non inscritas, sen dorsal oficial ou cun dorsal doutro evento. Tampouco se permitirá a presenza de vehículos non autorizados no percorrido. A organización e os xuíces poderán descualificar a quen incumpra as normas, altere os datos da inscrición, non complete o trazado, oculte ou manipule o dorsal, ceda o seu material de identificación ou non presente a documentación requirida. As persoas atletas federadas deberán competir coa equipación oficial do seu club, podendo ser descualificadas se non o fan.
Serán motivos de descualificación as seguintes condutas:
- Facilitar datos falsos durante a inscrición.
- Non completar todo o percorrido ou non pasar polos controis establecidos.
- Levar o dorsal oculto, pouco visible ou manipulado, incluída a súa publicidade.
- Utilizar o dorsal doutra persoa, ou facilitar o dorsal para a súa reprodución e uso por terceiros.
- Desobedecer as indicacións dos xuíces ou do persoal da organización.
- Manter unha conduta antideportiva.
- Participar nunha proba diferente á categoría que corresponda por idade.
- Incumprir calquera outra disposición da normativa federativa aplicable.
O persoal médico e os xuíces árbitros poderán ordenar a retirada da proba de calquera atleta cuxo estado físico non sexa adecuado para continuar competindo.
As persoas descualificadas perderán o dereito a recibir premios ou agasallos. Ademais, a organización poderá impedir a súa participación en futuras edicións da carreira.
Artigo 11. Cancelación da proba por causas alleas á organización
Se por circunstancias alleas á organización a carreira tivese que ser suspendida ou non puidese celebrarse na data prevista por decisión das autoridades competentes, a organización informará desta situación ás persoas inscritas coa maior antelación posible.
Se a proba se cancelase por causas alleas á organización, esta poderá ofrecer a reserva da inscrición para a seguinte edición, sempre que sexa posible.
11.1. Limitacións sanitarias e medidas excepcionais
A celebración da carreira estará condicionada ao cumprimento da normativa sanitaria e das disposicións legais vixentes na Comunidade Autónoma de Galicia na data do evento. Calquera modificación dos requisitos de participación será comunicada oportunamente ás persoas inscritas, que deberán respectar as medidas establecidas polas autoridades competentes.
A organización resérvase o dereito de suspender ou cancelar definitivamente a proba cando as restricións impostas polas autoridades ou outras circunstancias excepcionais fagan inviable a súa celebración nas condicións de seguridade necesarias.
A carreira desenvolverase, con carácter xeral, independentemente das condicións meteorolóxicas, agás cando estas supoñan un risco para a seguridade das persoas participantes ou concorran circunstancias de emerxencia que impidan a súa celebración. Nestes casos, a organización actuará seguindo as indicacións das autoridades competentes e dos xuíces da competición.
Por motivos de seguridade, forza maior ou outras circunstancias debidamente xustificadas, a organización poderá modificar o percorrido, a distancia, os horarios ou o desenvolvemento previsto da proba. Así mesmo, poderá acordar o seu aprazamento ou suspensión cando non existan as condicións necesarias para garantir a seguridade.
Calquera modificación ou decisión de suspensión será comunicada ás persoas inscritas a través dos medios oficiais da carreira, indicando, cando corresponda, as condicións e medidas que se adopten.
Artigo 12. Carácter oficial, seguros e responsabilidade das persoas participantes
12.1. Carácter oficial da proba
A organización e desenvolvemento das probas estarán sometidas ás normas e regulamentos técnicos da FGA que resulten aplicables, así como ás disposicións legais e administrativas vixentes.
As persoas participantes deberán cumprir os requisitos de participación e demais condicións establecidas polos organismos federativos competentes.
12.2. Seguros obrigatorios
A entidade organizadora, Finish Line Santiago, S.L., disporá das pólizas de seguro esixidas pola normativa aplicable para garantir a cobertura dos riscos derivados da celebración da proba.
En particular, contará con:
- Seguro de responsabilidade civil, destinado a cubrir os danos persoais e materiais que poidan sufrir as persoas participantes, o público asistente e terceiros como consecuencia da actividade desenvolvida, dentro dos límites e condicións establecidos pola normativa e pola póliza contratada.
- Seguro de accidentes deportivos, que garantirá a cobertura das persoas participantes de acordo coas prestacións mínimas esixibles e coas condicións establecidas pola regulamentación deportiva aplicable.
A organización comprobará que todas as persoas participantes dispoñan da cobertura aseguradora correspondente. Cando sexa necesario, tramitarase a través dos organismos federativos competentes a licenza ou título habilitante de carácter temporal que corresponda, incluída a licenza de día da RFEA. As coberturas estarán suxeitas ás condicións, garantías, límites e exclusións das pólizas contratadas, podendo as persoas interesadas solicitar información sobre elas a través da organización.
Artigo 13. Protección de datos persoais, dereitos de imaxe e publicación de resultados
13.1. Responsable do tratamento dos datos
A entidade responsable do tratamento dos datos persoais recollidos durante o proceso de inscrición e desenvolvemento da carreira será:
Finish Line Santiago, S.L.
- NIF: B88679253.
- Correo electrónico: finishlinesantiago@gmail.com.
A entidade tratará os datos persoais de conformidade co Regulamento (UE) 2016/679, xeral de protección de datos (RXPD), coa Lei orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e co resto da normativa aplicable.
Para obter máis información sobre o tratamento dos datos persoais, poderanse consultar as condicións e a política de privacidade na páxina web oficial da proba: _______________________________.
13.2. Finalidade e lexitimación do tratamento
Os datos persoais facilitados polas persoas participantes serán utilizados para as seguintes finalidades:
- Xestionar as inscricións, os pagamentos e a participación na carreira.
- Realizar o control de dorsais, o cronometraxe e a elaboración das clasificacións.
- Tramitar as licenzas federativas ou temporais que sexan necesarias.
- Xestionar os seguros obrigatorios e as posibles incidencias derivadas da competición.
- Facilitar a coordinación cos servizos médicos, de emerxencia e seguridade.
- Cumprir as obrigas organizativas, deportivas e administrativas derivadas do carácter oficial da proba.
- Comunicar os resultados aos organismos federativos competentes e posibilitar a súa validación e incorporación aos correspondentes sistemas de clasificación deportiva.
- Enviar información organizativa relacionada coa competición.
Os datos de saúde que as persoas participantes faciliten para a atención de posibles incidencias médicas ou emerxencias serán utilizados para facilitar a asistencia correspondente durante o desenvolvemento da proba.
A base xurídica destes tratamentos será a execución da relación contractual derivada da inscrición, o cumprimento das obrigas legais e regulamentarias aplicables e, cando corresponda, o interese lexítimo da organización na correcta xestión e desenvolvemento da competición.
Os tratamentos baseados no consentimento, como determinadas utilizacións da imaxe, o seguimento público en directo ou as comunicacións comerciais, requirirán unha autorización específica e diferenciada cando corresponda.
13.3. Comunicación de datos aos organismos federativos e outras entidades
Dado o carácter oficial e internacional da competición, os datos identificativos e deportivos das persoas participantes poderán ser comunicados á World Athletics, á Real Federación Española de Atletismo (RFEA) e á Federación Galega de Atletismo (FGA), na medida en que resulte necesario para cumprir as obrigas derivadas da inclusión da proba nos seus respectivos calendarios.
Esta comunicación poderá comprender os datos estritamente necesarios para:
- A xestión e comprobación das inscricións e licenzas deportivas.
- A tramitación das licenzas de día, cando corresponda.
- A xestión das coberturas aseguradoras vinculadas á participación.
- A validación dos resultados oficiais e a súa incorporación aos sistemas federativos.
- A elaboración de clasificacións e rankings deportivos de ámbito autonómico, nacional e internacional.
- cumprimento das normas técnicas, de control e disciplina deportiva aplicables.
Así mesmo, os datos imprescindibles para a xestión dos seguros poderán ser facilitados ás correspondentes compañías aseguradoras e mediadores, e os necesarios para atender accidentes ou emerxencias aos servizos sanitarios competentes.
As empresas encargadas das inscricións, o cronometraxe, os pagamentos, as aplicacións informáticas e o seguimento en directo poderán acceder aos datos necesarios para prestar os seus servizos, baixo as garantías e condicións esixidas pola normativa de protección de datos.
Os datos comunicados limitaranse aos necesarios para cada unha destas finalidades. As entidades federativas realizarán os tratamentos que lles correspondan conforme ás súas propias competencias, obrigas e políticas de protección de datos.
En ningún caso se facilitarán automaticamente os datos de contacto das persoas inscritas aos patrocinadores ou colaboradores para que realicen actividades comerciais propias.
13.4. Publicación de inscricións e resultados deportivos
Dado o carácter oficial da competición e a súa inclusión nos calendarios federativos, os datos deportivos necesarios poderán incorporarse ás relacións oficiais de participantes e ás clasificacións correspondentes.
A organización publicará na súa páxina web oficial os resultados da carreira, que poderán incluír nome e apelidos, número de dorsal, categoría, club, marca obtida e posición na clasificación.
Os resultados poderán ser remitidos igualmente á FGA, á RFEA e á World Athletics para os efectos de validación, rexistro e clasificación deportiva que correspondan.
A publicación e difusión dos resultados realizarase de acordo coas disposicións regulamentarias federativas e coa normativa de protección de datos aplicable.
13.5. Fotografías, vídeos e utilización da imaxe
Durante a celebración da competición poderán realizarse fotografías e gravacións audiovisuais para documentar o desenvolvemento do evento e difundir a súa actividade deportiva.
A organización poderá utilizar estes materiais nos seus medios oficiais, páxinas web, redes sociais e publicacións informativas, así como en accións de promoción e publicidade da carreira, respectando en todo momento os dereitos das persoas participantes e a normativa de protección de datos aplicable. Cando a utilización da imaxe teña como finalidade a promoción comercial ou publicitaria e requira o consentimento da persoa participante, este deberá recollerse mediante unha autorización específica e diferenciada.
No caso de que algún atleta se opoña á captación da súa imaxe mediante vídeos ou fotografías realizados pola organización ou polos colaboradores da proba, deberá comunicalo expresamente á organización a través do correo electrónico finishlinesantiago@gmail.com, acreditando a súa identidade.
13.6. Seguimento en directo (Live Tracking)
O servizo de seguimento en directo (Live Tracking), no caso de habelo, estará dispoñible a través da páxina web oficial da carreira e poderá ser consultado polas persoas usuarias que accedan ao enlace habilitado para tal efecto.
Esta funcionalidade permitirá localizar e seguir durante a competición as persoas participantes mediante a introdución do seu nome ou número de dorsal, co obxectivo de facilitar que familiares, amizades e público en xeral poidan coñecer a súa posición ao longo da proba.
De maneira predeterminada, o seguimento efectuarase mediante o chip deportivo de cada corredor ou corredora, que se comunica cos sensores distribuídos ao longo do percorrido. Nos tramos comprendidos entre dous sensores, a aplicación calculará unha estimación da posición a partir da velocidade media da persoa participante, polo que a localización mostrada poderá non ser totalmente precisa neses intervalos. Se a aplicación permite activar o seguimento mediante GPS cando se utiliza un dispositivo móbil durante a proba, a precisión da localización dependerá das posibilidades e limitacións da propia aplicación. A organización, as entidades colaboradoras e as patrocinadoras non garanten a exactitude das localizacións proporcionadas pola aplicación nin se responsabilizan das posibles desviacións que poidan producirse no cálculo da posición.
O tratamento dos datos necesario para ofrecer este servizo realizarase conforme á información facilitada previamente ás persoas participantes e, cando corresponda, á autorización específica e diferenciada esixible para o seu funcionamento.
13.7. Prazo de conservación dos datos
Os datos conservaranse durante o tempo necesario para atender as finalidades indicadas neste artigo e para cumprir as obrigas legais, federativas, fiscais, aseguradoras e administrativas correspondentes. Unha vez cumpridas estas finalidades, os datos serán suprimidos ou, cando proceda, conservados debidamente bloqueados durante os prazos legalmente establecidos para atender posibles responsabilidades.
As entidades federativas poderán conservar os datos que reciban de acordo coas súas propias políticas e obrigas regulamentarias.
13.8. Exercicio de dereitos
As persoas participantes poderán exercer, nos termos establecidos pola normativa, os seus dereitos de:
- Acceso aos seus datos persoais.
- Rectificación dos datos inexactos.
- Supresión dos datos cando proceda.
- Oposición ao tratamento.
- Limitación do tratamento.
- Portabilidade dos datos, cando sexa aplicable.
- Retirada dos consentimentos previamente outorgados.
Para o exercicio destes dereitos deberán dirixirse á entidade responsable do tratamento mediante os datos de contacto indicados no apartado 14.1, acreditando a súa identidade.
Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas poderán presentar unha reclamación ante a autoridade de control competente en materia de protección de datos.
13.9. Comunicacións ás persoas inscritas e información comercial
A organización poderá utilizar o correo electrónico e o número de teléfono facilitados durante a inscrición para enviar información necesaria sobre o desenvolvemento da proba, modificacións organizativas, horarios, servizos, incidencias e indicacións de seguridade.
Estas comunicacións de carácter organizativo diferenciaranse das comunicacións comerciais.
A organización poderá enviar información comercial sobre próximas edicións do evento ou promocións dos patrocinadores relacionadas coa competición, sempre que exista unha base xurídica válida para iso e, cando corresponda, o consentimento previo e específico da persoa interesada.
Artigo 14. Declaración de participación e asunción de responsabilidades