Gardarroupa, Duchas e Servizos
Servizo de Gardarroupa, Aseos e Obxectos Perdidos
A organización poñerá á disposición das persoas participantes servizo de gardarroupa e aseos nas zonas habilitadas (ata as 13:30 h). Para utilizar o gardarroupa será obrigatorio entregar as pertenzas debidamente embolsadas e identificadas co número de dorsal, sen admitirse pezas ou obxectos soltos.
A devolución requirirá presentar o dorsal correspondente e, por motivos de seguridade, o persoal poderá revisar as bolsas antes da recepción. A organización non se responsabilizará dos obxectos de valor depositados. Habilitarase tamén un servizo de obxectos perdidos operativo ata o peche das instalacións.
Duchas e Vestiarios
As persoas participantes disporán de duchas e vestiarios ao rematar a proba, no lugar que se indique pola organización.
Segundo o horario provisional do evento, o peche dos servizos ao corredor e o inicio da desmontaxe terá lugar ás 13:30 h.
Asistencia Sanitaria e Seguridade
A organización disporá de asistencia sanitaria na saída, na meta e en distintos puntos do percorrido. É obrigatorio cubrir a parte traseira do dorsal cos datos persoais, teléfono de contacto para emerxencias e información médica relevante (alerxias, tratamentos ou grupo sanguíneo).
O persoal médico e os xuíces árbitros poderán ordenar a retirada da proba de calquera atleta cuxo estado físico non sexa adecuado para continuar competindo. Ademais, haberá un vehículo de peche (coche escoba) para trasladar a quen abandone.
Avituallamentos, Bolsa, Chip e Medalla
Establécense avituallamentos líquidos en carreira (aproximadamente nos km 5, 10 e 15) e un avituallamento final líquido e sólido na meta.
O control de tempos realizarase mediante chip electrónico situado na parte traseira do dorsal. Quen complete a proba dentro do tempo límite (2h 45 min) recibirá unha medalla de finalización. Ademais, na recollida de dorsais entregarase a bolsa do corredor con agasallos (tallas suxeitas a dispoñibilidade e sen cambios).